Solidarios cos doentes que precisan unha bolsa na súa vida
Por Redacción
O goberno da Deputación de Pontevedra sumouse á campaña 'Pon unha bolsa na túa vida', organizada con motivo do Día Mundial do Paciente Ostomizado pousando varios deputados do equipo de goberno cunha pancarta para facer visible o uso dunha bolsa como a que utilizan estes pacientes no seu día a día. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, incidiu no feito de que hai preto de 100.000 persoas que conviven diariamente cun estoma en España polo que resulta fundamental visibilizar tanto ás persoas ostomizadas como ás que as acompañan, ao persoal de enfermería, estomaterapeutas e ´médicos que se encargan de velar pola calidade de vida destes pacientes.
A presidenta provincial sinalou que os recortes en política sanitaria están a impedir que se abran consultas especializadas en ostomía, con estomaterapeutas coa formación adecuada, con psicólogos que poidan atender a estas persoas e ás súas familias. Silva reclama un maior investimento na formación de persoal de enfermería especializada e de impulsar un maior coñecemento sobre os coidados que precisan as persoas ostomizadas.
A presidenta provincial indica que os estudos demostran que a calidade de vida destes pacientes mellora un 15% e o custo sanitario redúcese ata un 50% cando estas persoas teñen acceso a un estomaterapeuta. Carmela Silva manifestou o seu apoio á Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal (ASSEI), que promueve esta campaña.
Relacionadas:
-
O Pazo acolle a primeira xornada provincial para persoas ostomizadas 'Ti, teu estoma e a túa familia'
Por Redacción |
-
Coñeces a Enfermidade Inflamatoria Intestinal? O sábado tes unha cita no Pazo
Por Redacción |
-
Os enfermos intestinais e os diabéticos reclaman poder entrar coa súa mochila nos museos e cines
Por Redacción |