Deteñen un home por tentar queimar a casa da súa ex parella no Marco
Por Diego Espiño & Diego Torrado
A Policía Nacional de Pontevedra detivo este domingo a un home que tentou queimar a casa da súa ex parella.
O suceso tivo lugar ao redor das 14:30 horas na Rúa das Pereiras, no lugar do Marco.
Segundo relataron no lugar testemuñas presenciais, a muller recibira ameazas previas.
O home plantou presuntamente lume á vivenda, resultando afectada unha habitiación. Con todo, a rápida intervención dos Bombeiros, que foron avisados do mesmo xeito que a Policía Local, evitou que se propagase polo resto da casa.
Segundo confirmaron os Bombeiros, os danos redúcense a un colchón queimado, varios obxectos e a madeira da cama afectada, aínda que o fume propagouse polo resto da vivenda.
O presunto autor dos feitos foi detido nas inmediacións do lugar poucos minutos despois.