Dous operarios caen desde catro metros de altura cando traballaban nun tellado de Meis
Por Redacción
Dous traballadores resultaron feridos nun accidente laboral que se rexistraba ás 09.30 horas deste xoves no lugar do Porrelo, no municipio de Meis. Ambos os operarios caían dun tellado.
Segundo explicaron os profesionais sanitarios ao servizo de Emerxencias do 112, os operarios estaban a facer arranxos nun tellado, a catro metros de altura. Por causas aínda por determinar, precipitáronse ao chan e sufriron lesións de diversa consideración.
Dúas ambulancias de Urxencias Médicas trasladáronse ao lugar do accidente. Tamén foron alertados polo 112 Galicia os axentes da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil.