Piden o arranxo do patio cuberto do colexio de Parada Campañó
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Socialista no Concello de Pontevedra presentou unha moción para o seu debate no Pleno na que piden á corporación local que inste á Xunta de Galicia a que proceda ao arranxo do patio cuberto do colexio de Parada Campañó.
Este arranxo consiste no peche dos laterais e do fondo desta edificación coa finalidade de que non entre auga os días de choiva e os nenos poidan gozan deste espazo sen mollarse.
A moción presentada pola edil socialista Paloma Castro lembra que o patio consta dunha parte ao aire libre e outra cuberta mediante unha edificación conformada por unha estrutura de formigón armado e unha cuberta de chapa metálica.
No colexio de Parada Campañó uns 145 nenos estudan Educación Infantil e Primaria.