O Instituto Social da Mariña recoñece un erro no cálculo da idade de xubilación a mariñeiros
Por Redacción
O Instituto Social da Mariña recoñece un erro interno no cruzamento de datos e comprometeuse a corrixilos para calcular os coeficientes reductores para a idade de xubilación dos mariñeiros galegos, segundo apuntan desde a CIG-Mar. Este xoves, unha comisión de afectados por esa modificación mantivo un encontro en Madrid con representantes do Instituto Social da Mariña, a Dirección Xeral da Mariña Mercante e coa Secretaría Xeral de Pesca.
A CIG-Mar sinala que esperan recibir unha lista definitiva dos barcos afectados, principalmente de Galicia, para avaliar en que medida eméndase o conflito. En todo caso, alertan da exclusión dun grupo importante de palangreiros.
Desde este sindicato, a través de Xabier Aboi, rexeitan o posicionamento da Xunta de Galicia pola falta dun interlocutor neste conflito que se puxo en contacto cos afectados.
Este venres 21 realizaranse reunións informativas para mariñeiros afectados en Marín, a partir das 11.00 horas na Biblioteca pública.
Relacionadas:
-
A CIG alerta dun novo cambio sobre o coeficiente redutor da idade de xubilación na frota galega
Por Redacción |
-
A CIG pedirá nos plenos que se elimine o atraso da xubilación dos tripulantes de palangreiros e arrastreiros
Por Redacción |
-
A CIG denuncia o atraso da xubilación dos tripulantes en buques palangreiros
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |