Vaipolorío organiza unha xornada de control das falsas acacias
Por Redacción
A Robinia pseudoacacia, coñecida como a falsa acacia (de pinchos) é unha especie invasora, tal e como recolle o catálogo galego de plantas invasoras editado pola Xunta de Galicia. A súa presenza está a espallarse "como moscas" polas marxes do río dos Gafos, segundo afirman desde o colectivo Vaipolorío.
Por este motivo, a asociación decidiu levar a cabo unha xornada de control desta especie este próximo sábado 22 ao longo do río Tomeza (Gafos). Todas aquelas persoas que queiran participar deberán presentarse ás 10.00 horas ante a estación de autobuses.
Segundo sinalan desde o colectivo erradicar esta especie de golpe das ribeiras do Gafos, deixando o río sen sombra, sería contraproducente para o ecosistema e ademais incumpriría a lexislación vixente.
Vaipolorío sinala que levan 15 anos controlando e erradicando especies novas desta invasora que abrollan de sementes ou a partir de novos brotes das raíces laterais. O colectivo ecoloxista alerta de que canto antes se acometan estes traballos, antes evítase a súa proliferación e afórranse custos innecesarios.
A presenza da acacia evita o desenvolvemento de especies autóctonas como salgueiros,ameneiros, loureiros e outras similares de primeira liña de ribeira.