Condenan unha muller que denunciara ó Concello por caer na rúa
Por Oskar Viéitez
Unha muller foi condenada a pagar as costas do xuízo no que demandaba ao Concello de Pontevedra por unha caída que sufriu o 20 de novembro do ano pasado na rúa Benito Corbal.
A muller reclamaba 8.172 euros en concepto de secuelas, días de incapacidade e días de curación, pero o xuíz descarta calquera responsabilidade do concello nese tropezón.
A sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo número 3 de Pontevedra di que "a proba practicada apunta á eventual falta de atención, comportamento desatento ou falta de dilixencia básica debida no actuar da peón lesionada".
O fallo xudicial vai máis aló e engade que "nin sequera pode dicirse que en condicións ordinarias para o caso de calquera peón que non tivese ningún tipo de discapacidade polo nivel descrito das lastras, lixeiramente levantados da rasante do alcorque ao que pertencían, fóra suficiente para ocasionar a caída". E engade, "salvo unha desatención por parte de quen circula por ese lugar, perfectamente comprensible pero que non ten por que facer cargar na administración o resultado dañoso en cuestión".
En definitiva, que desestima a reclamación da muller e condénaa en costas.
O portavoz do goberno local, Raimundo González, sinalou que é a primeira vez que se produce esta circunstancia e valorou que esta sentenza neste tipo de reclamacións "implica certo desánimo a reclamar por parte doutras persoas. Non vaia a ser o caso", comentou.