Protección Civil de Caldas recibe unha pértega para combater a avespa asiática
Por Redacción
O concello caldense recibiu este venres da Consellería do Medio Rural unha pértega que permitirá á Protección Civil municipal actuar en alturas de ata 25 metros.
O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey destacou a importancia da dotación de material recibida nas últimas semanas para a loita contra este insecto invasor que ameaza colmeas e colleitas.
Rey entregou a pértega recibida ao xefe de Protección Civil e coordinador do operativo de loita contra a velutina no concello caldense José Sieiro quen suliñou que nas tres semanas que o concello leva incorporado ao programa levan recibidos 5 avisos de niños de tamaño considerable.
De todos eles o máis rechamante o avistado por cazadores no monte de Saiar e do que José Sieiro quixo destacar a gran colaboración e implicación dos veciños e da empresa caldense Plataformas Piñeiro Lift que permitiu retirar o niño duns 5 quilos de peso e un alto duns 80 centímetros situado 25 metros de altura.
O xefe de Protección Civil resaltou que é vital a colaboración e implicación de administracións, empresas e cidadáns na loita e lembrou que ante calquera posible niño mantéñase unha distancia de seguridade dun mínimo de 5-6 metros e se de aviso ao Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia desde onde se canaliza a resposta ao cidadán.
Sieiro engadiu ademais que Protección Civil traballa xa no deseño do operativo para retirar dous niños de gran tamaño entre alturas de 20 e 30 metros e engadiu que a concesión da pértega por parte da consellería de medio rural que dirixe Ángeles Vázquez reforza a atención no concello caldense.
Relacionadas:
-
Protección Civil de Caldas, "ao límite da súa capacidade" ante os avisos por avespa velutina
Por Redacción |
-
José Sieiro repetirá á fronte de Protección Civil de Caldas catro anos máis
Por Redacción |
-
Protección Civil e Policía Local de Caldas fórmanse en reanimación cardíaca
Por Oskar Viéitez |
-
Vilaboa, Moraña, Vilagarcía e O Grove 'ármanse' contra a vespa velutina
Por Redacción |
-
Protección Civil de Caldas consolídase como un servizo de "vital importancia e esencial"
Por Oskar Viéitez |
-
Un "palo largo" para combatir a la avispa asiática
Por Redacción |
-
Retiran un niño de avespa velutina do interior dun nicho
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Bueu adhírese ao convenio para a loita contra a vespa velutina
Por Redacción |
-
Protección Civil e o Concello de Caldas plantan cara á avespa asiática
Por Redacción |
-
Protección Civil de Cambados retira tres enxames de avespa asiática
Por Redacción |