A tratamento psiquiátrico durante dous anos por prender lume a colectores da cidade
Por Alejandro Espiño
O pontevedrés de 59 anos que foi detido ata en tres ocasiones por prender lume a colectores da cidade, a última delas en xaneiro deste mesmo ano, recibirá tratamento médico acorde coa enfermidade mental que padece e estará en liberdade vixiada durante os dous próximos anos.
Así o ditou unha sentenza do xulgado do penal número 1 de Pontevedra, que o absolve dun delito de danos, a pesar de quedar acreditado que na madrugada do 24 de decembro de 2014 prendeu lume a catro colectores situados en Cobián Roffignac, Daniel da Sota, Peregrina e a avenida de Vigo e a unha papeleira de Cobián Areal.
O xuíz considera que no momento dos feitos as súas facultades de comprensión "estaban anuladas" por padecer un trastorno esquizoafectivo. Por iso, a xustiza considérao non imputable ao apreciarse a eximente completa de alteración psíquica.
A pesar diso, o acusado si deberá indemnizar ao Concello de Pontevedra coa cantidade de 1.040 euros, contía nas que valoraron os danos que causou no mobiliario urbano.
ROUBO DE COBRE
O Concello será indemnizado tamén con outros 4.330 euros polos danos causados por outro pontevedrés que foi condenado polo mesmo xulgado do penal número 1 de Pontevedra como autor do roubo de cable de cobre no campo da festa de Cabaleiro (Campañó) e no adro da igrexa e o cemiterio desa mesma parroquia, en abril de 2015.
Ademais, o xuíz condenouno a dous anos de cárcere por estes feitos.
Relacionadas:
-
Conduce sen puntos, sen seguro e sen pasar a ITV ao crer que é fillo de Alfonso XIII
Por Redacción |
-
Detido por terceira vez pola queima de colectores no centro da cidade
Por Diego Espiño |
-
Prenden lume a tres colectores de papel preto da Xunta
Por Diego Torrado |
-
Deteñen un pontevedrés que deixou un regueiro de colectores queimados pola cidade
Por Redacción |