Vaipolorío denuncia a Unión Fenosa por unha talla indiscriminada no río Gafos
Por Oskar Viéitez
O colectivo Vaipolorío denunciou este luns a Unión Fenosa ante a Xefatura Provincial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio por unha talla indiscriminada no río Toxal (Os Gafos).
Segundo expón na súa denuncia a asociación ecoloxista, no río Gafos, ao seu paso pola parroquia de Bértola no Concello de Vilaboa, á beira dun poste do tendido eléctrico da empresa Unión Fenosa distribución, levou a cabo unha talla indiscriminada de vexetación ripícola en ambas as marxes do río dunha lonxitude aproximada de 50 metros dentro dos traballos de limpeza levados a cabo baixo a liña que atravesa o mencionado río.
O colectivo ambientalista asegura que estas obras non respectaron os catro metros de altura aque debe manter a vexetación arbórea de ribeira.
Ademais sinalan que Unión Fenonsa realizou un corte a nivel de chan, destruíndo o bosque de galería en ambas as marxes, con prexuízos que supón para o desprazamento da fauna e flora ligada ao ecosistema fluvial.
Finalmente inciden en que esta talla xa é reincidente posto que Vaipolorío xa comunicou un corte de semellantes características no mesmo lugar con danos idénticos.
Relacionadas:
-
Recordo á "sensibilidade e sentido común" de Bermúdez de Castro
Por Redacción |
-
Vaipolorío comeza a guerra contra os "Plumachos" invasores
Por Redacción |
-
640 persoas retiran máis de 12 toneladas de residuos nunha limpeza simultánea de ríos
Por Oskar Viéitez |
-
Alertan da deterioración de varias pasarelas no río dos Gafos
Por Oskar Viéitez |