A Policía Local protestará reducindo servizos en educación vial e violencia de xénero
Por Anxo Lourido
Axentes da Policía Local volveron expresar o seu malestar pola falta de negociación co goberno local de Pontevedra. Concentrábanse ante as portas do edificio administrativo do Concello na rúa Michelena e reclamaban, dentro da liña de actos de protesta que veñen protagonizando durante as últimos semanas, a equiparación das súas condicións salariais co resto de empregados públicos do Concello da súa categoría.
Como medida de presión decidiron deixar de realizar aquelas actividades voluntarias non recollidas no regulamento. José Moldes, delegado de UXT, explica que se verán afectados servizos como o de violencia de xénero, educación viaria ou as mediacións. Sinalan que ata agora viñéronse realizando a custo cero, pero ante a negativa do Concello a negociar a súa situación laboral han decidido deixar de levar a cabo algunhas destas actividades.
Con todo, os representantes sindicais da Policía Local alertan de que os axentes continuarán actuando sen deixar de realizar as funcións habituais: "facendo o mesmo, páguennos máis ou menos. O traballo vai ser sempre o mesmo".
VERSIÓN DE GARCÍA LEGÍSIMA
Desde o goberno local, a través do concelleiro de Persoal, Vicente García Legísima, apunta que estas medidas de presión poden afectar ao bo clima de traballo e á cidadanía. Engade que con estas medidas "non se vai negociar nada".
O concelleiro insiste en que as demandas que piden están pendentes do estudo que se vai a levar a cabo da revisión de postos de traballo do Concello. Pero afirma que algunhas das peticións que están a realizar os representantes sindicais da Policía Local chegaría a supoñer un incremento de máis de 700.000 euros no orzamento anual.
O goberno local apunta a que se asinou en 2015 un concerto con CC.OO., un dos sindicatos que negocia en nome destes traballadores, sobre a revisión dos postos de traballo e, con todo, non o están respectando.
Relacionadas:
-
Marea Pontevedra quere que o Concello reactive a negociacion da RPT
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía Local de Pontevedra doará sangue para reclamar a súa equiparación salarial
Por Anxo Lourido |
-
Retan a García Legísima a que rexeite a equiparación salarial ante a asemblea da Policía Local
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A Policía Local denuncia os problemas de espazo e térmicos das instalacións da Xefatura de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A Policía Local reclama 150 euros mensuais para equipararse aos funcionarios da súa categoría
Por Anxo Lourido |