Vaipolorío comeza a guerra contra os "Plumachos" invasores
Por Redacción
Os integrantes da asociación Vaipolorío dedicaron esta xornada de sábado enfrontarse á especie exótica invasora coñecida como Herba da Pampa, que se estaba estendendo na beira do río Tomeza na senda dos Gafos.
Os membros do colectivo encargáronse de eliminar os "plumachos" para impedir que as sementes se propaguen de maneira que sigan aparecendo novos exemplares. Ao mesmo tempo, arrincaron os exemplares novos que resultan máis fáciles de eliminar e permite reducir gastos e esforzos antes de que se desenvolvan estas herbas procedentes de América do Sur, principalmente de Arxentina, Chile, Brasil e Uruguai.
As Herbas da Pampa florecen no verán e xa se converteron nunha imaxe habitual desde que nos anos 80 apareceu na Península como planta de xardín. Trátase dunha especie invasora que pode alcanzar os dous metros de altura.
Segundo a consellería de Medio Ambiente, propágase con moita facilidade a partir das miles de sementes que xera cada planta feminina e que se dispersan a longa distancia polos efectos do vento. Tamén se propaga de forma vexetativa pola fragmentación da cepa. Ten capacidade de modificación do hábitat e trátase dunha especie pirófita que colabora na expansión de incendios. Considérase unha das especies exóticas invasoras máis daniñas en España. En Galicia detéctase, sobre todo, nas proximidades ás cidades e ao eixo da autoestrada do Atlántico.
Relacionadas:
-
A invasora herba da Pampa espállase polos terreos arredor da avenida 12 de novembro
Por Redacción |
-
A Xunta porá en marcha unha campaña de loita contra o plumacho da Pampa e a unlla de gato
Por Oskar Viéitez |
-
Localizan unha vertedura de cascallos nas inmediacións do río Gafos
Por Redacción |
-
O PSOE insta ao Concello a tomar medidas contra a "herba da Pampa"
Por Redacción |
-
Nova vertedura contaminante ao Gafos
Por Redacción |
-
Vaipolorío alerta dunha vertedura de terra no río Pombal procedente das obras da A-57
Por Redacción |
-
Vaipolorío denuncia a Unión Fenosa por unha talla indiscriminada no río Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Comezan os traballos para retirar a flora invasora na Xunqueira de Alba
Por Redacción |
-
Erradicando a herba ruín que chegou pola autoestrada
Por Oskar Viéitez |