A moda infantil súmase ao desfile do comercio de Rosalía de Castro
Por Alejandro Espiño
Os comerciantes de Rosalía de Castro volven xuntarse para organizar un novo desfile de moda na rúa. Será o vindeiro venres 14 de outubro, a partir das oito da tarde. E segundo avanzaron os seus organizadores chega cunha novidade. Por primeira vez incorporaranse firmas de roupa infantil.
O desfile, que conta coa colaboración de Aempe e o Concello de Pontevedra, ten a particularidade de que os modelos "son xente da rúa", segundo os comerciantes de Rosalía de Castro, e que se trata dunha iniciativa que contribúe a xerar actividade na zona.
En concreto, nesta segunda edición do desfile -a cuarta se se suman os dous organizados no marco da pasarela Ponmo- participarán Bess, Mepiachi, Quomo, A tenda de Raquel, Marengo, Óptica Revenga, Daniella e A tenda de Kids.
A organización deste desfile forma parte do convenio anual que AEMPE renovou co Concello de Pontevedra. Son 16.000 euros que serven para financiar a feira Edugal, a campaña promocional de nadal ou a organización dun networking empresarial.
Durante a firma do convenio, o alcalde destacou que o goberno municipal seguirá apoiando todas as iniciativas impulsadas polo comercio local, unha peza "fundamental" na economía da cidade. É, segundo Fernández Lores, o segundo sector que xera máis emprego en Pontevedra detrás das administracións públicas.
Relacionadas:
-
A moda local volve pisar a rúa Rosalía de Castro
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A Verdura vístese de pasarela de moda nunha nova xornada de Capital Shopping
Por Redacción |
-
Xurxo Souto promociona a berros as compras en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Cinco mapas indicarán onde e que se pode mercar no comercio local pontevedrés
Por Redacción |