O modelo urbano de Pontevedra interesa a Vilanova de Famaliçao
Unha delegación de Vilanova de Famaliçao, encabezados polo presidente da cámara municipal, visitou a cidade de Pontevedra para coñecer o seu modelo urbano e buscar inspiración para o proceso que iniciaron para definir o seu crecemento, apostar por unha mobilidade sustentable e dar prioridade aos peóns na recuperación de espazos públicos.
Precisamente Paulo Cunha, presidente da cámara de Famaliçao, asegurou que a visita se debe a que Pontevedra é "un dos mellores exemplos a nivel mundial" en materia de mobilidade e na convivencia entre o tráfico rodado e peonil.
"Tíñamos oído falar de Pontevedra como un modelo amigo da mobilidade, da seguridade e do tratamento do espazo urbano para dar comodidades ás persoas que escollen o ámbito urbano para vivir", explicou o político portugués, que paseou pola cidade acompañado de técnicos, comerciantes e políticos da súa rexión.
O alcalde Miguel Fernández Lores deulles a benvida antes de que comezase unha xuntanza de traballo na que participaron o enxeñeiro xefe, Juan Gómez Viñas, e o intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle.
Vilanova de Famaliçao é un municipio de preto de 140.000 habitantes cun núcleo urbano de ao redor de 35.000 habitantes e están interesados en converter este centro nun lugar atractivo para vivir e desenrolar actividades económicas, comerciais e sociais, "ofreciendo buenas condiciones de vida" para sus habitantes.
Neste proceso de redefinición urbana miran cara a Pontevedra. Os membros da delegación portuguesa interesáronse dun xeito especial por coñecer aspectos da transformación da cidade, principalmente acerca sobre a súa afección ao comercio e os negocios locais ou como se coordinan os eventos culturais, festivos e deportivos que ocupan as rúas e prazas da cidade.