Carmela Silva critica a "caradura" do PP por sinalar á Deputación como "a única responsable" do abandono dos castros
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, criticou a "caradura" do grupo provincial do Partido Popular por sinalar á institución provincial como "a única responsable" do abandono dos castros da provincia.
En rolda de prensa a voceira popular, Nidia Arévalo acompañada dos deputados Salomé Peña e Jose Enrique Sotelo, explicou que Fomento está seguindo o protocolo asinado en marzo de 2015, e recordou que non pode realizar as tarefas de musealización ata que a institución provincial remate coa limpeza e coa consolidación dos castros.
A voceira popular salientou que desde o Ministerio lles trasladan que se está cumprindo co establecido, que hai comprometidos 4,3 millóns de euros para a musealización e sinalización, e que esta partida está garantida nos orzamentos xerais do estado. Ademais, para levar a cabo esta labor, o Ministerio xa convocou e adxudicou un concurso de ideas e xa están redactando a imaxe da ruta e os proxectos adaptados para os diferentes castros da provincia.
"Non sabemos se a presidenta está intentando desviar a atención e non ter que comprometer ese millón de euros que aínda está pendente, ou si o que busca é seguir a liña do alcalde de Vigo de apostar pola confrontación continua con todas as administracións, cos concellos e cos colectivos", engadiu.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, lamentou o "descaro" dos populares "por botar balóns fóra" con estas críticas á administración provincial e "non asumir os seus erros e a súa ineficiencia" polo que lles pediu "respeto á intelixencia da xente" e instoulles a que esixan ao Ministerio de Fomento a que de forma inmediata cumpla coas obrigas que lle corresponden con esta provincia.
Relacionadas:
-
O goberno de Carmela Silva decide retomar os traballos de escavación no campo da Lanzada
Por Redacción |
-
Cornelia viaxa a un laboratorio de Miami para someterse á proba do Carbono 14
Por Anxo Lourido |
-
A Deputación paraliza as actuacións nos castros da provincia polo "absoluto deixamento" de Fomento
Por Redacción |
-
Fomento e Deputación cítanse en Madrid para desbloquear a posta en valor dos castros
Por Redacción |