VIDEO.- Acusan a dous clans do Vao de pertenza a grupo criminal e tráfico de drogas
Por Diego Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A Garda Civil acusa os dez detidos este martes no Vao dos delitos de pertenza a un grupo criminal e tráfico de drogas.
Catro deles foron postos durante este mércores a disposición do Xulgado de Instrución nº1 de Pontevedra, que entende do caso. Para un, o xuíz decretou prisión provisional comunicada e sen fianza, mentres que os outros tres quedaron en liberdade coa obrigación de comparecer no xulgado semanalmente, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O tenente Prado Fontán da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra explicou que os detidos no poboado chabolista do Vao son membros de dous clanes familiares aos que se lles consideran os principais responsables da venda e distribución de estupefacientes na zona.
Á primeira hora da mañá deste martes, o equipo de investigación da Garda Civil, integrado por efectivos da Compañía territorial de Pontevedra, activou a fase de explotación da denominada "Operación Voss-Candado". Co apoio do Grupo de Reserva e Seguridade Nº 7 e o Servizo Cinolóxico procederon ao rexistro simultáneo dun total de catro vivendas e dous galpóns.
Nos rexistros efectuados incautaron 2.000 dose de heroína e 1.150 de cocaína, que xa tiñan distribuídas e preparadas para a venda, 6 básculas de precisión e sustancia de corte. Ademais da droga, en dúas das vivendas atopáronse dúas pistolas de fogo real, dúas simuladas e unha escopeta de caza aparentemente inutilizada para disparar.
As dúas pistolas de fogo real están en perfecto estado de funcionamento.
A Garda Civil chamou a atención sobre o feito o detalle de que unha destas armas tiña aloxado o cargador provisto de munición e disposta para disparar, o que evidencia o "potencial perigo destes clans".
Así mesmo, intervéuselles unha considerable cantidade de material e efectos cuxa legal procedencia non puideron acreditar, entre eles: televisores, vídeo consolas, teléfonos móbiles, xoias e diñeiro en efectivo (7.000 euros), ademais de varios vehículos: tres furgonetas, dous turismos e unha motocicleta.
Con esta operación, a Garda Civil considera desmantelados os dous clans máis influentes na venda e distribución de drogas no poboado do Vao de Abaixo, que conclúe coa detención de dez persoas que formaban dous grupos criminais perfectamente diferenciados e moi activos.
Estas detencións súmanse ás que se realizaron noutras dúas operacións que levaron a cabo no mes de abril e maio deste ano no Vao de Arriba, nas que foron arrestadas outras nove persoas.
Relacionadas:
-
Cinco persoas dunha mesma familia, condenadas por trapichear desde tres casas do Vao de Abaixo
Por Natalia Puga |
-
Sete persoas do Vao, investigadas por tratar de impedir a golpes a detención dun veciño
Por Oskar Viéitez |
-
A prisión cinco dos detidos no Vao
Por Redacción |
-
Dez detidos nunha redada antidroga no poboado do Vao de Abaixo
Por Redacción |