O colexio Santa Lucía de Moraña participa nun proxecto internacional para formar "cidadáns íntegros"
Por Redacción
No Centro público de ensinanza integrado Santa Lucía de Moraña incorporouse nun proxecto de dous anos que agrupa a seis escolas de seis países diferentes. O proxecto trata sobre os valores democráticos nunha Europa Unida - formando cidadáns íntegros.
Esta é a primeira reunion do proxecto na que se sentan as bases das actividades e actuacións a realizar.
Nesta primeira reunion participan 15 persoas dos seis países:
- Reino Unido: Lewisham Southwark College (London)
- Italia: I. I. S. S. Carlo Maria Carafa (Mazzarino)
- Portugal: Agrupamento de Escolas de Albufeira Poente (Albufeira)
- Turquia: Gazi Anadolu Lisesi (Samsun)
- Alemania: Geschwister Scholl Gymnasium (Waldkirch)
- España: CPI Santa Lucía (Moraña)
Os diferentes representantes chegaron o domingo e o luns fíxoselle unha recepción na escola antes de comezar as sesións de traballo no proxecto. Na recepción participaron a directora do Colexio Santa Lucía, a alcaldesa de Moraña e o profesorado e o alumnado de sexto de educación primaria e secundaria.
No acto de benvida actuaron un grupo de alumnos que interpretaron unha peza de música tradicional.
As reunións prolongaranse ata o mércores día 28, a partir de aquí faranse seis futuros encontros para levar a cabo as actividades programadas.