Vinte persoas participarán no curso de mediadores en igualdade
Por Redacción
A partir deste martes 27 de setembro iníciase un curso que abre a Escola Municipal de Igualdade para a Mocidade que se desenvolve a través da concellería de Xuventude de Pontevedra, dentro da programación de Pisando Forte 2016.
Neste curso no que participarán vinte persoas realizarase unha formación encamiñada a sensibilizar a persoas mediadoras no campo da Igualdade. Obterán ferramentas prácticas para incorporar un enfoque integrador, igualitario e respectuoso coa diversidade nas actividades formativas e de lecer coa mocidade. Abordaranse contidos como o sexismo, a discriminación e a desigualdade social, a socialización diferencial de xénero e o cuestionamiento dos roles de xénero, a coeducación e a detección, prevención e intervención na violencia machista.
Esta formación será impartida pola doutora en Socioloxía e experta en Xénero, Iria Vázquez Silva, profesora da Universidade de Vigo. O curso desenvólvese os martes desde o 27 de setembro ao 22 de novembro, salvo o 1 de novembro. Será no Pazo da Cultura e a duración será de 24 horas.
A Escola de Igualdade programará outras accións formativas para este último trimestre do ano. Poñerase en marcha un obradoiro relacional baixo o título "Conecta coas túas fillas e fillos", destinado ao intercambio de ferramentas e coñecementos entre pais, nais e titores. Será impartido por unha psicóloga e de 10 horas de duración.
Tamén levará a cabo outro obradoiro relacional, "Ligue, sedución e sexualidade para mozxs", unha proposta dirixida a mozas a partir dos 15 anos.
O 19 de noviembre celebrarase a primeira xornada "Escola municipal de Igualdade para a mocidade" no Pazo da Cultura. Alí intercambiaranse experiencias sobre igualdade e mocidade.
As inscripcións continúan abertas e as persoas interesadas en participar nas diferentes accións formativas poderán solicitar máis información na Casa Azul, a través de www.xuventude.pontevedra.eu ou no correo xuventude@pontevedra.eu