Detidas tres persoas por roubar en dúas ocasiones no Pazo Barosa de Portas
Por Redacción
Tres persoas foron detidas pola Garda Civil como presuntos autores de dous roubos que se produciron nos últimos meses no mesmo lugar, o pazo Barosa situado no municipio pontevedrés de Portas.
Nas dúas ocasións, os ladróns levaron varias portas, xanelas e algúns radiadores do sistema de calefacción do inmoble.
Segundo informou a Garda Civil, os detidos son dous homes de 47 e 46 anos, veciños de Moraña e Portas respectivamente; e un mozo de 27 anos de nacionalidade romanesa.
A colaboración cidadá puxo aos axentes sobre a pista dun vehículo sospeitoso de participar nun dos roubos.
As investigacións levaron á Garda Civil ata unha chatarrería de Rianxo (A Coruña), onde se puideron recuperar na súa totalidade as portas e xanelas de aluminio que foran subtraídas no pazo de Barosa o pasado día 5 de setembro.
A partir de aí, descubriron que nesta mesma chatarrería os detidos venderon tamén varios radiadores do sistema de calefacción que foran subtraído no primeiro dos roubos.
As dilixencias, instruídas pola Garda Civil de Vilagarcía de Arousa, entregáronse no xulgado de instrución de Caldas de Reis.