Bueu acada un novo record turístico de visitantes este verán
Por Redacción
A tempada estival remata en Bueu coas mellores estatísticas dos últimos anos. Así o reflicte o informe cos datos recabados pola Oficina de Turismo da vila no que se recollen os turistas que pasaron por Bueu nas fins de semana e festivos desde a segunda metade do mes de xullo, todo o mes de agosto e a primeira metade do mes de setembro.
Neste período, 3.367 persoas visitaron os diferentes espazos turísticos, o que supón un 20% máis que na tempada anterior. A concelleira de turismo, Silvia Carballo, destacou na rolda de prensa celebrada este venres no Centro de Interpretación de Agrelo, que "é todo un orgullo que a nosa vila se vaia afianzando como lugar turístico non só do Morrazo senón do conxunto da provincia".
Segundo o informe remitido pola empresa concesionaria do servizo, na última quincena de xullo, na que se comezan a recoller os datos, o balance total de visitantes é de 1.093 persoas, das cales 697 correspóndense coa Oficina de Turismo (incremento dun 19% con respecto aos datos do 2015), 280 coa Aula da Natureza de Cabo Udra, e 116 co Centro de Interpretación de Agrelo.
Esas cifras récord de xullo increméntanse en agosto, cunhas 2.274 persoas que visitaron as instalacións turísticas, o que representa un incremento do 11% con respecto ás cifras do verán pasado. Neste importante mes estival, a Oficina de Turismo recibiu 1.151 persoas en tan só trece días de traballo, o que ten que ver con eventos tan importantes como o Festival SonRías Baixas ou a Festa do Polbo. Nesta última, a Oficina de Turismo contabilizou máis de 540 persoas, ás que se deben sumar as que foron atendidas no propio posto da festa no Campo da Estacada.
Relacionadas:
-
Posta a punto do sendeiro de Cabo Udra para reforzar o seu atractivo turístico
Por Redacción |
-
O SonRías Baixas xa ten datas para 2017: será os días 3, 4 e 5 de agosto
Por Redacción |
-
Bueu e a Deputación colaboran para impulsar o sendeiro azul de Cabo Udra
Por Redacción |
-
As consultas nas oficinas de turismo de Sanxenxo crecen un un 5,8% e descenden en Portonovo
Por Redacción |
-
Os cruceiros polas Rías Baixas captaron 1.300 pasaxeiros
Por Oskar Viéitez |
-
Os sete "Festivais Rías Baixas" 2016 deixaron un impacto económico de máis de 26 millóns de euros
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
O sector turístico lembra que a súa rendibilidade aínda está afastada da media nacional
Por Oskar Viéitez |
-
Turismo Rías Baixas sitúa no 89,2% a ocupación hoteleira do mellor mes de agosto na provincia
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |