Rosa María Charlín, de novo ante a Audiencia acusada de blanquear cartos da droga
Por Redacción
Un novo membro do clan dos Charlines sentará no banco dos acusados da Audiencia de Pontevedra, aínda que neste caso trátase dunha persoa que xa se enfrontou á xustiza en máis dunha ocasión: Rosa María Charlín, sobriña do patriarca familiar, o histórico narcotraficante Manuel Charlín.
Será xulgada o vindeiro martes 20 de setembro, acusada dun delito de branqueo de capitais procedentes do tráfico de drogas polo que a Fiscalía solicita cinco anos e tres meses de prisión e unha multa de 720.000 euros.
Segundo o escrito de acusación, a acusada comprou diferentes propiedades con diñeiro cuxo orixe era "presuntamente ilícito e de procedencia descoñecida", xa que cos rendementos declarados do seu traballo e os préstamos solicitados "non lle tería alcanzado".
Rosa María Charlín, segundo o fiscal, gastou case 550.000 euros entre 1999 e 2008 para comprar unha decena de propiedades inmobiliarias, coches ou obxectos de uso persoal "á marxe do gasto do fogar familiar".
Os ingresos medios declarados pola acusada pola actividade das súas empresas durante os anos 2001 e 2008 "non foron superiores" aos 30.000 euros anuais e, en relación ás operacións de compra realizadas, que financiou en parte cun préstamo bancario, a Fiscalía calcula que hai case 244.000 euros que son de orixe ou procedencia descoñecida.
Tamén se solicita á Audiencia que ordene o comiso dos bens que foron adquiridos de forma presuntamente ilícita.
Este xuízo xa estivera sinalado para celebrarse en maio de 2015 e foi suspendido por cuestións procesais.
Rosa María Charlín xa foi condenada a nove anos de prisión en 1995 por tráfico de drogas pola súa relación co alixo de mil quilos de cocaína que foi incautado no interior do buque "Rand" cando navegaba a 42 millas das costas portuguesas.
Ademais, a acusada figurou como administradora única de varias sociedades que, segundo o fiscal, foron utilizadas polo seu ex marido, Jorge Durán, condenado en 2004 a nove anos de prisión por tráfico de drogas, para ocultar "importantes" sumas de diñeiro entre os anos 1999 e 2004.
Relacionadas:
-
A Audiencia retoma o xuízo por branqueo contra a sobriña de Charlín
Por Oskar Viéitez |
-
Non hai dúas sen tres: suspenden de novo o xuízo por branqueo contra Rosa Charlín
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Suspendido o xuízo por branqueo contra Rosa Charlín para estudar a petición de nulidade da defensa
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Señor avogado defensor, sempre cre na inocencia dos seus clientes?
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O fiscal rebaixa de seis a cinco anos a petición de condena para Jorge Durán por tráfico de drogas
Por Natalia Puga |