Sábado de mercado e, despois do verán, tamén de Sétima Feira
Por Cristina Saiz
Volveu a Sétima Feira, o escaparate para novos creadores e para o comercio local que enche de arte e vida o primeiro andar da praza de abastos. Despois de parar durante o verán, a actividade regresou con proxectos interesantes como a libraría infantil Patakafrita e as creacións de A Tenda, espazo efémero situado na rúa Alhóndiga onde dez deseñadores galegos expoñen e venden as súas propostas.
Na Sétima Feira Infantil a cativada puido achegarse de novo ao mundo do grafitti co grafitero O'RAS, unha actividade que tivo tanto éxito no mes de xuño que a organización decidiu repetila e se desenvolveu en catro quendas entre as 11.00 ata as 15.00 horas.
O espazo gastro estivo ocupado pola polbería O Ruzo e da música ocupouse a cantante pontevedresa Palito.
Listado de Postos:
ELEFANTAS DE CACHARRERÍA, organización de evento
CRAZY ZEBRA, complementos infantís
DEGERONIMO, mochilas e complementos en tea
HEY JUDDY, cerámica
ESTILO PURATITI, turbantes e accesorios para o cabelo
NENÉ SON JOYAS, xoieiría, STUMPISTER, téxtil
QUEEN LUPA, souvenirs
LE CHANELAS, téxtil
COLLE MELLON, ilustración
ABELÁ, ilustración
LIBRARÍA PATAKA FRITA
HOJADELIMÓN, cosmética natural
A TENDA, espazo efémero de deseñadores galegos