A avenida Luis Rocafort de Sanxenxo estará reformada en 2017
Por Redacción
A avenida Luís Rocafort de Sanxenxo xa está en vías de que se reforme despois de que a xunta de goberno da Deputación Provincial aprobara este venres o proxecto integral de mobilidade.
Este proxecto, moi demandado, contará cunha licitación por trámite de urxencia co obxectivo de acurtar o prazo de execución das obras, que está establecido en oito meses. O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, sinalou que espera que as empresas que presenten ofertas poidan chegar a reducir ese prazo.
A reforma da avenida Luís Rocafort pasou por varias etapas durante os últimos anos entre o Concello de Sanxenxo e a Deputación de Pontevedra. O proxecto contempla beirarrúas con longos de entre 2,5 e ata seis metros, con límite da velocidade a 30 quilómetros por hora. Instalaranse máis de 60 luminarias para garantir a seguridade viaria, a construción de cinco pasos de peóns sobreelevados e outras cinco plataformas elevadas.
Tamén se instalarán estacionamentos de bicicletas e motocicletas, así como o novo moviliario urbano e medio centenar de palmeiras. Está previsto que se urbanice toda a vía incluíndo a conexión coa PO-308.
O orzamento ascende a 1,65 millóns de euros, dos que 1,15 millóns de euros son achegados pola Deputación. Está previsto que as obras comecen a finais de 2016.
Relacionadas:
-
As obras de Luís Rocafort comezarán o 1 de marzo e interromperanse no verán
Por Oskar Viéitez |
-
As construtoras rebaixan ata un 24% o prezo de licitación da reforma de Luís Rocafort
Por Redacción |
-
A mesa de contratación coñecerá este mércores as ofertas económicas para realizar as obras de Luis Rocafort
Por Redacción |
-
21 empresas optan a realizar as obras de Luis Rocafort
Por Redacción |
-
A Deputación e o Concello de Sanxenxo selan o acordo para a reforma da Avenida Luis Rocafort
Por Redacción |
-
O novo convenio para a reforma de Luis Rocafort aprobarase a próxima semana
Por Alejandro Espiño |