Os Bombeiros sufocan un incendio no concesionario Vepersa
Por Anxo Lourido
Os Bombeiros de Pontevedra sufocaron na noite deste xoves un incendio nas instalacións do concesionario Vepersa, situado na avenida de Lugo.
Segundo informaron os propios bombeiros no lugar dos feitos o lume orixinouse nunha máquina expendedora.
O aviso de alerta recibiuse sobre as 22.00 horas por parte dun traballador do concesionario que é veciño da zona e que percibiu a presenza de fume no interior da instalación de venda de coches.
Os bombeiros tiveron que forzar as portas para poder entrar no recinto. Despois de extinguir o lume houbo que ventilar toda a instalación.