So 26 denuncias por exceso de velocidade entre os máis de 10.000 vehículos controlados no Grove
Por Redacción
A campaña de control de velocidade emprendida durante o período do 22 ao 28 de agosto e que afectou a varias rúas do casco urbano (Xoán XXIII, Teniente Domínguez, Estrada do Conde e zona de entrada ao casco urbano en Campos), supuxo que se controlaran 10.353 vehículos.
De este elevado número de vehículos controlados tan só 26 foron denunciados por exceso de velocidade na vía correspondente. 10 durante a mañá do martes 23, 12 o mércores 24 e 4 na mañá do último domingo de control.
A Policía Local destaca a notable baixada de infractores con respecto a anteriores campañas.
Trátase, polo tanto, dunha porcentaxe moi baixa de infraccións, sobre todo en comparación con campañas anteriores, o que supón un dato alentador para a seguridade do tráfico.