Seis persoas resultan feridas nunha colisión múltiple en Sanxenxo
Por Redacción
Un total de seis persoas tiveron que ser trasladadas polos servizos sanitarios de urxencia ao resultar feridas nun accidente múltiple ocorrido en Sanxenxo.
Segundo informou o 112, foron tres, os vehículos implicados. Dous que estaban a circular e ao chocar entre eles terminaron chocando contra outro que estaba estacionado na Rúa Fonte de Ons, no lugar da Revolta.
Tras recibir a alerta dun particular, sobre as 23:20 horas do martes, o 112 Galicia puxo en alerta a Urxencias Médicas e á Policía Local.
Tamén se requiriu a intervención dos efectivos do GES de Sanxenxo e informouse aos Bombeiros do Salnés.