As obras en Javier Puig toman o relevo ás de José Millán
Por Redacción
As obras de rehabilitación integral da rúa Javier Puig toman o relevo aos traballos de reforma na rúa José Millán. Nun primeiro momento esta actuación non afectará ao tráfico da vía xa que os traballos arrancan na zona das beirarrúas en espazos de estacionamento.
Cando avancen as obras, nos días seguintes, procederase ao peche da rúa, ao tempo que abrirá ao tráfico a rúa José Millán, cuxas obras de reforma están case concluídas. A apertura desta segunda rúa, paralela a Javier Puig, farase co sentido de circulación invertido -San Antoniño-Benito Corbal- e manterase así mentres duren as obras en Javier Puig. Todos os cambios serán puntualmente informados pola Policía Local.
A rehabilitación integral da rúa Javier Puig foi adxudicada a a empresa EC Casas por 334.556,23 euros quen engadirá como melloras o adecentamento dos cruzamentos das rúas Benito Corbal-Javier Puig e Javier Puig-San Antoniño.
As obras seguirán os parámetros de calidade do modelo urbano e priorizará os tráficos peonís sobre os rodados. O tratamento previsto na licitación é de bandas segregadas, cunha distinción física de materiais entre o carril do tráfico rodado que levará aglomerado asfáltico e as beirarrúas que se farán en loseta de cemento, confinadas por bandas de pedra e separadas do carril de tráfico por un bordo.
A actuación inclúe xunto co tratamento en superficie unha ampla renovación dos servizos soterrados. Renovaranse a rede de abastecemento de auga, a rede de saneamento e a canalización de cables do alumeado público. Neste último caso o deterioro da instalación xúntase ao feito de que a posición das novas luminarias no coincidira coa das preexistentes que están ancoradas nas fachadas.
Relacionadas:
-
Reábrese a reformada rúa José Millán co sentido do tráfico invertido
Por Redacción |
-
O PP quere saber se o de Arnaldo Otegi é un dos nomes que baralla o BNG para rebautizar a rúa Javier Puig
Por Oskar Viéitez |
-
Queridos veciños, así serán as obras en Javier Puig
Por Diego Torrado |
-
A vindeira semana abriranse as rúas da Barca e José Millán e comeza a reforma de Javier Puig
Por Redacción |