Medio Ambiente mellorará en Portas os equipos do bombeo de captación no Umia
Por Redacción
A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, asinou un convenio co alcalde de Portas, Víctor Estévez, no que a Xunta de Galicia comprométese a realizar unha actuación de mellora dos equipos de bombeo de captación no río Umia ao seu paso por este municipio.
O investimento será de preto de 60.000 euros, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).
Con esta actuación, a Consellería pretende solucionar a problemática nas bombas instaladas na actualidade.
A intervención supoñerá un aumento do caudal de bombeo e reducira o consumo enerxético mediante a substitución e adaptación de diferentes elementos da instalación, así como a través da implantación dun sistema de protección e limpeza automática.