Sufocan un incendio nun alpendre pegado a unha vivenda en Paredes
Por Redacción
Efectivos do Consorcio Provincial de Bombeiros con base en Bueu tiveron que intervir este martes para sufocar un incendio declarado nun alpendre pegado a unha casa no lugar de Paredes, en Vilaboa.
Segundo informaron os bombeiros, recibiron a alerta polo incendio ás 12.20 horas e desprazáronse ata Paredes dous camións con catro efectivos, así como unha patrulla da Garda Civil.
Unha vez no lugar, os bombeiros atopáronse cun apilamiento de chatarra e de lixo e un incendio localizado nunha construción artesanal de madeira, de modo que procederon á súa extinción
Unha vez finalizada a intervención, aplicaron escuma para evitar que o lume reavivase.