Un home resulta ferido nun accidente de moto no Paseo de Colón
Por Redacción
Un traballador resultou ferido este luns nun sinistro de tráfico no Paseo de Colón de Pontevedra.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o home sufriu unha caída da moto mentres estaba traballando.
Un particular informou ao 112 Galicia ás 14.00 horas deste martes de que o home sufrira a caída da moto. Decontado informouse a Urxencias Médicas, aos Bombeiros de Pontevedra, á Policía Local e a Protección Civil, que se desprazou ao lugar dos feitos.
Finalmente, puidose confirmar que estaba a traballar cando tivo o accidente, de modo que se considera un sinistro laboral.