O Recinto Feiral poderá usarse como polideportivo multiusos
Por Redacción
O pleno da corporación de Pontevedra aprobou a moción do grupo municipal de Cidadáns na que se permite o uso do Recinto Feiral da cidade como polideportivo multiusos. O BNG, grupo de goberno, votou en contra desta proposta.
Cidadáns presentaba esta moción para ofrecer unha solución temporal á necesidade de espazos para exercer a práctica de deporte, sempre que se faga fóra do calendario de eventos destinados a ocupar esta infraestrutura.
O Recinto Feiral só foi ocupado, segundo a concelleira Maria Rey, durante 95 dias no ano 2015 e por este motivo entende que permitir alí actividades deportivas supón unha solución económica, simple e cómoda ata que se constrúa o pavillón da Parda.