O 12 de setembro dará comenzo o Programa Cuntilín
Por Redacción
O alcalde do concello de Cuntis, Manuel Campos Velay, informou que o 12 de setembro dará comenzo o Programa Cuntilín para o curso escolar 2016-2017. Trátase dun espazo municipal educativo e de conciliación para menores que cursan o ensino obrigatorio e que o Concello pon ao servizo das familias veciñas de Cuntis.
Por iso, estar empadroados no municipio de Cuntis é un requisito imprescindible para poder participar no programa.
Trátase dun servizo público e gratuíto financiado na súa maior parte polo Concello de Cuntis, e recibe unha subvención da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo social europeo.
O prazo de inscrición está aberto dende o 30 de agosto ata o 7 de setembro. Para formalizar a inscrición, as persoas interesadas deberán achegarse ás oficinas do concello en horario de 9:00 a 14:00, no Departamento Igualdade e Servizos Sociais, ou a través do correo electrónico educacionfamiliar@concellodecuntis.es.
Os modelos de solicitude poden recollerse directamente na Casa do Concello ou descargalo da páxina web www.concellodecuntis.es.
Excepcionalmente tamén se pode presentar a solicitude na Oficina de Información xuvenil, no Centro Patelas.