A Garda Civil incauta unha trintena de bolsos falsificados
Por Redacción
A Patrulla Fiscal da Garda Civil de Marín incautou a un vendedor ambulante, de orixe senegalesa e con residencia habitual en Pontevedra, un total de 39 bolsos falsificados, con etiquetas comerciais de distintas marcas rexistradas.
No marco das actividades que vén desenvolvendo a Garda Civil para erradicar a venda e distribución de roupa falsificada e complementos no distintos postos de venda ambulante da provincia, na madrugada deste domingo os axentes acudiron aos postos de venda ambulante situados no paseo marítimo de Cangas con motivo das súas festas.
A incautación realizouse ao inspeccionar aleatoriamente a mercadoría que se exhibía para a súa venda nun dos postos instalados no devandito paseo marítimo.
Segundo informaron fontes oficiais do Instituto Armado, o propietario non puido acreditar a procedencia dos bolsos nin presentou autorización das marcas rexistradas para a súa venda, por cuxo motivo se procedeu á súa investigación como suposto autor dun delito contra a propiedade industrial.
Os bolsos incautados, cuxo valor no mercado pode superar os 6.000 euros, xunto coas dilixencias instruídas, foron postas a disposición do Xulgado de Instrución número tres de Cangas.
Relacionadas:
-
A Garda Civil incauta unha partida de roupa falsificada en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Investigan unha muller 'cazada' con roupa con etiquetas falsas valorada en 11.000 euros
Por Redacción |
-
A Garda Civil incauta unha partida de roupa falsificada no mercadiño do Grove
Por Redacción |
-
Incautan 7.000 euros en roupa deportiva e bolsos na peaxe da AP-9 en Vilaboa
Por Redacción |