A Lama completa o Plan Concellos coa achega de 30.000 euros para mellora da pavimentación de camiños
Por Redacción
O Concello da Lama vén de completar o seu investimento ao abeiro do Plan Concellos 2016 cunha nova achega que vén de aprobar a institución provincial, a través dunha resolución presidencial, de 29.980,76 euros con obxecto á mellora da pavimentación nos camiños de Ventoselo e Fírveda.
Esta achega vén enmarcada dentro da primeira das súas liñas, a dedicada a investimentos.
Esta contía vénse sumar ás outras xa aprobadas ao abeiro desta liña 1 do Plan Concellos, por un importe total de 263.155,92 euros para o ensanche e mellora de pavimentos e drenaxes en Barcia de Seixo, a reforma do parque infantil en Verducido, a dotación da iluminación pública no polígono industrial, os muros de sostemento e pavimentación no Camiño das Chozas, a mellora dos accesos aos núcleos rurais de Barcia, Seixido e A Lama e a mellora de infraestruturas municipais na Lama, Gaxate e Xesta.
O concello da Lama recibe por parte da Deputación unha achega total de 457.845,15 euros
Dentro da liña 3 –actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais– a Deputación xa ten destinado este ano á Lama un total de 17.169,19 euros para actividades da Semana Cultural 2016. Así mesmo, destináronse 60.000 euros na liña 2 para amortización de débedas e outros 87.539 euros na liña 4 para a contratación de 14 traballadores nos servizos municipais.
Co 100% do investimento do Plan Concellos acadado, o concello da Lama recibe por parte da Deputación de Pontevedra unha achega total de 457.845,15 euros.