Unha noite cos amigos de Batman
Por Oskar Viéitez
O colectivo Vaipolorío organizou no río Gafos un ano máis a Noite Internacional dos Morcegos, unha xornada de captura, estudo e explicación das características destes mamíferos por parte da Asociación Drosera e a colaboración da Concellería de Xuventude do Concello de Pontevedra, na cal participaron 35 persoas .
A iniciativa pretende a conservación das 54 especies de morcegos europeos nun marco de cooperación entre Europa, África do Norte e Oriente Próximo.
Na xornada pontevedresa identificáronse dúas especies :
- Pipistrellus pipistrellus - Morcego anano
- Myotis daubentonii - Morcego das ribeiras
Este morcego das ribeiras foi identificado por primeira vez no río Gafos.
A Noite Internacional dos Morcegos 2016 é un evento que organiza EUROBATS, que se trata dun convenio europeo co fin de conservar e estudar os morcegos, e no que se realizan actividades de divulgación e educación sobre estes animais.
Este acontecemento, que lévase a cabo todos os veráns desde 1997 en máis de 30 países.
Os participantes fan observacións á noitiña, aprenden a escoitar e identificar a actividade dos morcegos polas súas emisións ultrasónicas e, se as circunstancias permíteno, capturan algúns exemplares para identificalos en man e tomar algúns datos biométricos e fisiológicos.
Polo xeral, as noites de morcegos van precedidas de actividades diversas durante a tarde, como construción de caixas-refuxio ou charlas.