A Pontevedra veinteañera
Por Redacción
Aqueles tolos anos 20 do pasado século foron rememorados este sábado na Praza de Curros Enríquez con todo o seu glamour. Corpiños, cortes de pelo ao estilo bob cut, claqué, iso e moito máis foi Ponte Coqueta.
Sobre todo houbo moita música, da man de The Alley Stompers, The Loopholes Band, Dj Pontanilla e Primordiais
Tamén houbo obradoiros e exhibicións de claqué e lindy hop a cargo da escola Swing on School e da escola Mayeusis.
Un camión de época de Adegas Lodeiros e numeros postos de venda de artigos vintage ou de alimentación a cargo da Tenda da Gata completaron Ponte Coqueta.