Catro parroquias celebran as bodas de ouro de Antonio Souto, o cura de Meis
Por Redacción
Os veciños das parroquias de San Salvador de Meis e os de San Lorenzo, San Vicente e Santo Tomé, estas tres pertencentes a Nogueira, celebraron con José Antonio Souto os seus 50 anos de sacerdocio.
Foi nunha misa multitudinaria á cal acudiron máis de 500 fregueses veciños de Meis e 25 sacerdotes ademais do alcalde José Luís Pérez e gran parte do grupo de goberno, arroupándoo en todo momento.
Unha vez terminada a eucaristía desprazáronse ao pavillón municipal onde degustaron un menú composto por polbo, carne ao caldeiro e de sobremesa larpeirada e torta de mazá. Todo iso por un prezo de 25 euros prato, incluíndo o agasallo que lle fixeron ao cura os seus veciños, que consistiu nun cadro co mapa de Meis onde se atopan as catro parroquias e unha foto das igrexas.