Os carteis ilegais non son publicidade, son porcallada
Por Redacción
Debido á proliferación de publicidade de forma descontrolada nas rúas e nos bens públicos do municipio de Poio como farois, contedores do lixo, postes de alumeado, e demáis, co fin de mellorar a limpeza viaria e o ornato nos espazos públicos, a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Poio comeza unha campaña informativa e de sensibilización para que os veciños coñezan, que a colocación masiva de publicidade fóra dos paneis habilitados, aparte de afear e encher de lixo os espazos públicos, supón un gasto extra na limpeza ao Concello.
Nas próximas datas porase nos paneis habilitados polo Concello para a colocación de carteis, publicidade e anuncios, repartidos por todo o término municipal, un bando onde se informará sobre a prohibición de colocar carteis e anuncios na vía pública e sobre os bens municipais sen autorización fóra dos paneis habilitados.
Faise unha referencia a Ordenanza Xeral de Limpeza e Medio Ambiente do Concello de Poio que regula este tipo de actividades, onde entre os seus artigos se prohibe a colocación de publicidade sen autorización municipal, se enumeran os requisitos que debe cumprir o anunciante para obter a autorización para a colocación da publicidade, así como o compromiso do responsable do anuncio de retirar os mesmos unha vez remado o prazo para o cal foi autorizado.
Para rematar, dende o Concello, se informa sobre a contía das sancións que implica a colocación de publicidade sen autorización sobre os bens públicos e o mobiliario urbano.
Relacionadas:
-
Haberá nove paneis más en Poio para colgar carteis e avisos
Por Redacción |
-
Poio tramita unhas 300 denuncias ao ano a veciños que non limpan as súas parcelas
Por Redacción |
-
Poio multará os responsables da proliferación descontrolada de publicidade sobre o mobiliario urbano
Por Oskar Viéitez |
-
Poio instala paneis polo municipio para evitar carteis e anuncios no mobiliario urbano
Por Redacción |