Talan dous olmos situados na rúa Ejército y Marina
Por Redacción
O Concello de Marín encargou aos técnicos de Arbogal, un estudo sobre a seguridade de dous olmos situados na rúa Ejército y Marina, xa que hai uns días, unha das ramas caeu ocasionando danos materiais a un vehículo, aínda que con sorte non houbo que lamentar danos persoais.
Dito informe puxo de manifesto que os exemplares se atopaban atacados por fungos do xénero Armillaria, que comprende 10 especies de fungos parásitos basidiomicetes que viven sobre árbores ou arbustos leñosos, sendo responsable da pudrición branca.
Cun estudo visual do arborado (EVA) detectáronse numerosos defectos na fisioloxía dos dous olmos, resultando que ambos exemplares tiñan brazos de grandes dimensións, que debían soportar grandes pesos. As insercións co tronco eran débiles, con corteza incluída en moitos brazos. As copas presentaban gran cantidade de brazos mortos ou con moi baixa vitalidade e se atopaban atacados por Armillaria.
Aínda que no se atoparon corpos fructíferos, debido á estación seca, pero ademais presentan danos en base (zoans debilitadas por onde solen atacar fungos de pudrición), seguramente debidos a golpes con ferramentas que fixeron feridas.
Dado que na actualidade estes olmos estaban presentando roturas de brazos de gran peso e tendo en conta a súa situación nunha rúa de gran tránsito, con zoas de aparcamento e o seu estado fisiolóxico, recomendaron a tala e eliminación dos dous exemplares.
Así que ante el elevado perigo de caída de máis ramas de gran peso, se procedeu á tala inmediata destes dous olmos na mañá do venres.