VÍDEO.- A noite dos mil e un raios, nun minuto
Por Redacción
Estaba a gravar imaxes nocturnas de Pontevedra cando o cámara Álex Rodríguez atopouse coa maior tormenta eléctrica dos últimos anos. De modo que lle deu a gravar e rexistrou o fascinante espectáculo que brindou o ceo sobre a cidade do Lérez. Aparece resumido neste timelapse de 58 segundos de duración da súa autoría e cuxa difusión cedeu a PontevedraViva.
Segundo Meteogalicia, na noite deste mércores rexistráronse 6.359 raios en Galicia, o terceiro día con máis actividade neste sentido na comunidade desde xaneiro de 2010. Na provincia de Pontevedra este dato traduciuse en 1.586 raios ata a medianoite, aos que habería que sumar os rexistrados durante a madrugada, 728 na comunidade, con especial incidencia ata as 2.00 horas.
Relacionadas:
-
RADIO.- Crearon un 'shortfilm' da Galicia celta e xa é unha experiencia turística de proxección internacional
Por Marisa Ciordia |
-
Un 'tourlapse' para promocionar Pontevedra a partir de 75.000 fotografías
Por Alejandro Espiño |
-
Así se promocionará Combarro na China
Por Oskar Viéitez |
-
Noite de lóstregos e tronos espectaculares sobre as Rías Baixas
Por Redacción |