Arde a gardería Pipo na praza de Pasarón durante a noite
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A escola infantil Pipo quedou estragada por un incendio que se orixinaba durante esta noite. Ás 3.00 horas da madrugada varios particulares alertaron ao Servizo de Emerxencias do 112 Galicia. Segundo manifestaba, víase fume na Praza de Pasarón pero eran incapaces de indicar de que punto procedía.
Desde o 112 alertouse aos Bombeiros de Pontevedra, á Garda Civil e a Protección Civil. Ata o lugar tamén se desprazaron axentes da Policía Local de Pontevedra. Os Bombeiros comprobaron que se trataba dun incendio na gardería nesa rúa e que ardía na súa totalidade. Non se rexistraron feridos pero foi necesario desaloxar os edificios cos números 1 e 3 da praza por precaución ante o incendio no baixo, segundo informou a Policía Local. Ás 5.00 horas, os veciños puideron regresar ata as súas vivendas, unha vez comprobado que non corrían perigo.
Polo momento investíganse as causas deste incendio aínda que desde o Concello de Pontevedra sinalan que a orixe está no cadro eléctrico da oficina e a existencia de de moito material funxible que fixo prender con facilidade as chamas Os danos, sobre todo, rexistráronse na entrada a esta escola infantil pero non afectou en gran medida ao mobiliario do centro.
Ao longo da mañá deste mércores 24, os pais quedaron sorprendidos cando trasladaban aos seus fillos ata a gardería e levaban a sorpresa ao atoparse coas consecuencias do incendio.
Segundo veciños da zona, as lapas provocaron moito fume, que alarmou aos residentes e un dos edificios quedou sen electricidade.