Detido por abusar dunha menor na zona das barracas de festa
Por Natalia Puga
A Policía Nacional detivo un home como presunto autor dun delito de abusos sexuais do que sería vítima unha menor de idade na noite do sábado 13 de agosto.
Segundo confirmaron fontes policiais, os feitos ocorreron sobre as 23.30 horas do sábado na zona da Alameda e Raíña Vitoria na que están instaladas as barracas e atraccións de feira con motivo das festas da Peregrina, en concreto, nun posto de tatuaxes. O home excedeuse coa menor, que logrou liberarse e acudíu a pedir axuda.
Por mor da denuncia da menor, esa mesma noite foi detido o presunto agresor, do que non transcenderon máis datos que o feito de que é un home veciño de Pontevedra.
Tras o seu arresto, pasou a noite na Comisaría e posteriormente foi posto a disposición do Xulgado de Garda, que decretou xa durante a fin de semana a súa posta en liberdade investigado por un delito de abusos sexuais.