Por falta de xenerosidade que non sexa
Por Diego Torrado & Marisa Ciordia
A xenerosidade é virtude, din. Si, pero sendo tamén ecuánimes. Di o regulamento taurino que a concesión da primeira orella responde á petición maioritaria do público; e a segunda de exclusiva competencia do presidente, tendo en conta a petición do público, as condicións da res, a dirección da lidia e a faena realizada. O festexo deste domingo 14 ben parecía un festival de orellas; pero no sexto, só un pano branco asomou polo balcón, o que lle impediu a Cayetano unha saída aos ombreiros.
Quen acudiu ao coso de San Roque en busca de espectáculo de mans do Fandi, puideron saír cal bacanal. Con permiso dos seus seguidores, foi outro "déjà vu", pero sen ser desde logo a primeira vez. Saía Maestro por chiqueros e o Fandi cravaba os xeonllos na area para darlle dúas longas cambiadas: "Faaandiiii, Faaandiii". Lanceaba por lopecinas ou zapopinas, - como me sinalaba un bo entendido- e: "Faaandiiii, Faaandiii". Chegados ao terzo de banderillas, repetimos o estribillo. Axudoulle ao máximo o de Torrealta que entraba a todo o que se lle puxese diante. Mataba á primeira e aseguraba a porta grande con dúas orellas. No cuarto recreouse e recreou ao público. Colocados os tres pares de banderillas, mirou a presidencia e lembrando feiras pasadas, sorriu á resignación adiviñando o "non" ao cuarto par. Seguiu o seu ritual, cun desplante de xeonllos e dando as costas a Chinito. Escoitou un aviso tras unha estocada enteira e algo baixa. Multiplicou trofeo e tras a volta ao rodo, bicou a area do coso de San Roque, de ben nados é ser agradecidos.
José María Manzanares ocupaba un espazo máis clásico no cartel; máis toureo, menos espectáculo e moita fotografía de móbil entre a asistencia feminina. O alacantino tivo que facerllas co peor touro do encerro. Pasaxeiro saía con bos aires, pero se raxó na muleta despois dunha tremenda voltereta. Buscou as táboas, e alí terminou a faena, xunto a toriles. Acertou á primeira coa espada, pero resultou evidentemente defectuosa mentres o cuatreño morría. Terceira orella da tarde. Manzanares proclamouse vencedor do último San Isidro, un faenón. Coas pernas no seu lugar e sen tirar de pico de muleta. Tívose que empregar máis con Perezoso, e o xeneroso rebufo festivo do festexo axudoulle a saír aos ombreiros, premiándolle con dúas orellas. E xa sumaban sete.
Ten xenio, ten rabia e ten pundonor Cayetano. E tivo, no seu debut como matador en Pontevedra, a falta de equidade na entrega de trofeos. O terceiro da tarde, Tibetano, era un touro solto como demostrou xa no terzo de varas. Sen fijeza na muleta, o que provocou un manifesto cabreo do madrileño. Non quixese ser a táboa na que descargou o seu enfado ao deixar o engano e coller o aceiro. Puido estar nesa rabia o desatino con tres picadas e un cuarto intento co que caeu o hastado. Ese decoro do que falaba viño no sexto da tarde, á miña humilde opinión e con todo o respecto ao desacordo, a mellor faena do festexo. Brindou a faena de Petenero ao público, que xa acirrara con varios olés co capote. Fincouse de xeonllos xunto ás táboas para abrir faena de muleta e se enceló neste terzo. Esta vez acertou coa espada, pero o touro resistíase a caer. Soou un aviso e aínda que empuñou o descabello non chegou a utilizalo. Volvían sacudirse os panos brancos no tendido, e a presidencia concedeu unha orella, o público insistía, pero esta vez, nin a xenerosidade, nin a equidade, concluíron o festexo.
A feira taurina da Peregrina 2016 xa é pasado, toca pensar no futuro. E hai moito no que pensar.
FICHA DO FESTEXO:
Plaza de toros de San Roque, Pontevedra. Domingo 14 de agosto do 2016, terceiro festexo da feira taurina de la Peregrina. Tres cuartos de entrada. Bo encerro de Torrealta. Oito orellas en trofeos.
TOROS DE TORREALTA: Divisa grana, negro e amarela. Sinal: orellesinada en ambas. Procedencia: Ybarra, Jandilla y Torrestrella. Toros cuatreños entre 490 e 510 kilos; tres negros e tres castaños.
DAVID FANDILA, EL FANDI: Dúas orellas e volta ao rodo no primeiro; dúas orellas e volta ao rodo no cuarto. Saída aos ombreiros pola porta grande.
JOSE MARÍA MANZANARES: Unha orella e volta ao rodo no segundo, e dúas orellas e volta a rodo no quinto. Saída aos ombreiros pola porta grande.
CAYETANO RIVERA: Silencio no terceiro, orella no sexto e petición doutro trofeo.
Relacionadas:
-
"Barquerito" sumarase aos dous carteis restantes da Feira da Peregrina
Por Marisa Ciordia |
-
O man a man entre os irmáns Rivera Ordóñez, estrela do cartel de touros da Peregrina
Por Ramiro Espiño |
-
Carme da Silva: "Sería a persoa máis feliz se deixase de haber touradas en Pontevedra"
Por Natalia Puga |
-
Así viviron as peñas os festexos taurinos dentro da praza
Por Diego Torrado |
-
Botádeme unha manciña!
Por Diego Torrado & Marisa Ciordia |
-
Tres foron tres (orellas) e ningún (touro) era bo
Por Marisa Ciordia & Diego Torrado |