Alertan da proliferación de visón americano na Illa de Tambo
Por Redacción
O grupo AnovaTerra alertou este domingo dunha "catástrofe ambiental" na Illa de Tambo que puideron constatar durante a súa última visita a esta illa situada na Ría de Pontevedra, fronte ao Concello de Poio: a proliferación de visón americano.
Segundo a información facilitada por Antonio Costa, de AnovaTerra, a poboación de visóns americanos aumentou "esaxeradamente" na illa, mentres que desapareceron practicamente por completo as aves acuáticas.
Os integrantes deste colectivo xa advertiran hai dos anos a presencia do visón americano na illa "sin que ninguén fixera o menor caso" e o pasado día 7 puideron comprobar os seus peores temores.
Ademais de proliferar este animal, constataron que na illa non había "nin garzas, nin garcetas, gaivotas, cormoráns.. .nada", senón que hai "apenas algunha carriza e un par de paporrubios". Tamén puideron comprobar que o visón está atacando o medio mariño e presenciaron como comía sollas e nécoras.
Segundo denuncia Antonio Costa, o Ministerio de Defensa, administración propietaria da Illa de Tambo, mantén a contorna "en absoluto abandono", de tal maneira que está a desaparecer a vexetación autóctona e estase a converter nun monte máis cheo de eucaliptos.
Relacionadas:
-
Marín retira 472 pombas e 173 niños de gaivota
Por Redacción |
-
Quince anos despois da súa desafección instan o Concello de Poio a que pida a transferencia de Tambo
Por Redacción |
-
Primeiro encargo para a ministra Cospedal: resolver a situación da Illa de Tambo
Por Redacción |
-
Día de celebración na Illa de Tambo
Por Diego Torrado |
-
Impulsan unha nova carreira popular pola Illa de Tambo
Por Redacción |