Un incendio xa controlado calcina 30 hectáreas en Lérez, mentres en Cotobade desactívase o nivel 2 de alerta
Por Redacción & Cristina Saiz
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Continúa a sangría de incendios nos montes da comarca, tras unha noite complicada na que se declararon novos focos.
Un deles, na parroquia pontevedresa de Lérez, quedou controlado ás 17.00 horas desde mércores tras iniciarse ás 23.35 horas. En 17 horas e media calcinou unha superficie aproximada de 30 hectáreas, segundo o balance provisional da Consellería do Medio Rural.
No seu control traballan un técnico, cinco axentes, nove brigadas, seis motobombas e un helicóptero. Tamén acudiron durante a noite a Lérez os Bombeiros de Pontevedra, que estiveron a axudar na extinción dun lume na zona do Castelo ata as 5.00 horas da madrugada.
En canto á situación no incendio de grandes dimensións de Tenorio, en Cotobade, declarado o pasado luns, Medio Rural desactivou o nivel de alerta 2 e deu o lume por controlado ás 11:00 horas, cunha superficie afectada segundo as últimas estimacións de 365 hectáreas, aínda que esta cifra previsiblemente ampliarase nas próximas horas.
En Cotobade traballan tres técnicos, 20 axentes, 34 brigadas, 17 motobombas, 7 pas, 15 helicópteros e tres avións.
Pola súa banda o incendio de Saiar, en Caldas, foi declarado como controlado ás 9:00 horas deste mércores cunha superficie calcinada que alcanza as 300 hectáreas desde o seu inicio, o luns ás 15:50 horas.
Os servizos de extinción tamén tiveron que acudir nas últimas horas a incendios de menor dimensión como o declarado en Xeve (Pontevedra) ou nas proximidades da fábrica de Clesa en Caldas de Reis, e mesmo se chegou a cortar brevemente a AP-9 neste municipio durante a madrugada por un lume próximo.
Relacionadas:
-
Dez anos despois, o lume volveu sementar o pánico
Por Redacción |
-
Dan por extinguidos os incendios de Lérez, Viascón e Tenorio e controlado o de Caldas
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Da Silva: "Os veciños de Pontevedra merecen o mesmo respecto que os doutros sitios onde lles perigan as casas"
Por Redacción |
-
O Seprona investiga o incendio de Cotobade, no que hai "un 99,90%" de posibilidades de que fora provocado
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Un incendio próximo a Soutomaior achégase a 200 metros das casas en Ponte Sampaio
Por Redacción | Creada e actualizada
-
"O lume viña e, por onde pasaba, devoraba todo"
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
A superficie queimada en Cotobade ascende xa a 365 hectáreas
Por Redacción & Cristina Saiz & Diego Torrado | Creada e actualizada