Unha moza tivo que ser excarcerada do interior dun turismo accidentado en Cuntis
Por Redacción
Protección Civil da Estrada tivo difícil para localizar a unha moza que esta noite sufriu un accidente co seu coche en Cuntis.
A muller, de 25 anos, era incapaz de situar o lugar no que se atopaba exactamente, o que complicou os labores.
Segundo os datos facilitados polo 112 o sinistro tivo lugar sobre as 00.44 horas deste luns no quilómetro 4 da estrada EP-8403 ao seu paso pola parroquia de Arcos, no municipio de Cuntis.
Protección Civil da Estrada tivo que excarcerar do interior do turismo siniestrado á ferida, que foi evacuada en ambulancia medicalizada do 061 a un centro hospitalario.
Ademais de Protección Civil foron mobilizados a Garda Civil de Tráfico, o 061 e os Bombeiros do Salnés, os cales finalmente non tiveron que intervir xa que a excarcelación realizouna Protección Civil da Estrada.