Cotobade, A Lama, Moraña, Meaño e Portas arranxarán camiños rurais cunha axuda da Xunta
Por Redacción
Máis dun millón de euros recibirán os concellos da provincia de Pontevedra dentro do plan de emerxencias aprobado pola Xunta de Galicia para a mellora, arranxo e posta en valor de camiños municipais.
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e polo delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presidiu este martes o acto de sinatura dos correspondentes convenios cos alcaldes dos concellos da provincia que os solicitaron.
Os fondos aportados pola Xunta servirán para pavimentar, afirmar e mellorar diferentes viarios nestes municipios.
Así, A Lama recibirá 50.000 euros para a mellora do pavimentos en camiños rurais, Cotobade 60.000 euros para a mellora de firmes en camiños, Meaño outros 60.000 euros para a mellora de pistas rurais nas parroquias de Xil e Meaño, Moraña 60.000 euros máis para a reposición de firme en varias vías e Portas uns 59.000 euros para a pavimentación de camiños.