Traballadores das oficinas centrais de ENCE apoian tres días de folga en agosto polo "clima laboral insostible"
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Os traballadores das oficinas centrais da empresa Ence en Pontevedra sumaranse durante a segunda semana de agosto a unha convocatoria de tres días de folga en protesta polo expediente sancionador aberto pola pasteira a un traballador forestal e para denunciar un "clima laboral insustentable" na empresa.
A convocatoria secúndana os comités de empresa de todos os centros de traballo da empreas en España, entre eles o das oficinas centrais de Pontevedra e os das factorías de Navia e Huelva, pero aínda queda por tomar unha decisión o comité da fábrica de Lourizán.
Segundo informaron fontes sindicais, a folga convocouse tras realizar asembleas en todos os centros do grupo, pero aínda non hai unha decisión definitiva do comité da fábrica de Pontevedra. A folga duraría tres días na semana do 8 de agosto, pero aínda non se deron a coñecer máis detalles.
Con esta protesta, os traballadores esixen que se depuren responsabilidades por unha serie de "medidas represivas e irreflexivas", a retirada do expediente ao traballador amoestado e todo o que eles resumo nunha situación de "acoso laboral xeneralizado" e "clima laboral insustentable" na empresa.
A folga é unha consecuencia directa do expediente sancionador aberto a un traballador e representante dos traballadores o pasado 22 de xullo alegando "faltas de puntualidade reiteradas". Os comités que convocan a folga aseguran que "é totalmente falso e demostrado" o motivo que alegan, sobre todo tendo en conta que este traballador ten xornada flexible e que en 15 anos na empresa nunca tivera ningunha queixa respecto diso.
Ademais, aseguran que ese expediente abriuse "de maneira rastrera e sen advertencia previa" por medio dun GPS colocado no seu coche de traballo e co seguimento persoal por parte dun detective privado. Na súa opinión, os "motivos reais" son unha represalia a ese traballador por manifestarse nunha asemblea de traballadores e posteriormente postularse como delegado e ser elixido polos seus compañeiros.
ENCE DEFÉNDESE
Tras a convocatoria de folga, Ence quixo aclarar que o procedemento de investigación seguido foi o correcto e "rigorosamente legal", e probou "fehacientemente" ausencias ao traballo do empregado sancionado "case todos os días da investigación", polo que non se trata dun caso de falta de puntualidade nin de xornada flexible.
A pasteira tamén rexeita tajantemente as acusacións de que o expediente obedece a represalias por ser representante dos traballadores, senón que consideran que "está totalmente motivado" polo incumprimento das súas obrigacións laborais.
Relacionadas:
-
CC.OO. denuncia que Ence está despedindo traballadores en Pontevedra para recortar custos económicos
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
CC.OO. lamenta que o comité de empresa da fábrica de Ence rexeite a folga prevista para esta semana
Por Redacción |
-
Concentración dos traballadores de Ence antes da folga de catro días
Por Oskar Viéitez |
-
Desconvocada a folga na factoría de ENCE en Lourizán
Por Redacción |
-
Traballadores de Ence inician unha folga dunha semana ante a falta de acordo na negociación do convenio
Por Anxo Lourido & Diego Torrado |
-
Suspenden a folga en ENCE ao reincorporar, durante 4 meses, un posto de traballo en Lourizán
Por Anxo Lourido |