Poio multará os responsables da proliferación descontrolada de publicidade sobre o mobiliario urbano
Por Oskar Viéitez
Ante a proliferación descontrolada de publicidade, e cartelería sobre o mobiliario urbano e os bens afectos aos servizos públicos como marquesiñas dos autobuses, ou os colectores do lixo, desde a concellería de Medio Ambiente do Concello de Poio lembran que como vén recollido na Ordenanza Xeral de Limpeza e Medio Ambiente aprobada polo pleno municipal o 30 de outubro de 2001, está prohibido a colocación e pegada calquera tipo de carteis publicitarios, salvo nos lugares así autorizados.
Durante este ano se teñen colocado pola concellería que dirixe Xose Anxo Lodeiro, un total de 32 paneis repartidos por todo o municipio destinados a colocación de carteis informativos e publicidade para así evitar que se coloquen de forma indiscriminada sobre o mobiliario urbano, advertindo que nas próximas datas se procederá ao inicio de expedientes sancionadores contra as empresas responsables dos anuncios.
"A proliferación de cartelería e publicidade nos sitios non autorizados producen o enlixamento e falta de ornato nos espazos públicos, e a súa eliminación e limpeza supón un gasto para o concello", sinala o concelleiro.
A colocación dos carteis publicitarios en lugares non autorizados polo concello está tipificado como unha infracción, podendo o concello iniciar un prodemento sancionador con multas de ata 300 euros por cada unha das infraccións realizadas.
Relacionadas:
-
Haberá nove paneis más en Poio para colgar carteis e avisos
Por Redacción |
-
Poio tramita unhas 300 denuncias ao ano a veciños que non limpan as súas parcelas
Por Redacción |
-
Os carteis ilegais non son publicidade, son porcallada
Por Redacción |
-
Poio instala paneis polo municipio para evitar carteis e anuncios no mobiliario urbano
Por Redacción |