Na Lama a calor combátese xogando
Por Redacción
A festa infantil organizada dentro da Semana Cultural do Concello da Lama contou cunha gran participación de nenos nas diferentes actividades programadas.
Un tobogán de auga, unha festa da escuma, inchables ou atraccións como un touro mecánico serviron para levar mellor a calor do verán en plena Alameda.
Os nenos puedieron gozar da actividade supervisados por monitores ata as 19:00 horas, cando comezou a festa da escuma como colofón á diversión.
O éxito da festa fai que o alcalde, Jorge Canda, fale de mellorar a proposta o próximo ano "con máis atraccións e, si está o día caluroso como hoxe, implementar máis inchables xigantes con piscina de auga para que poidan disfrutar e mollarse a gusto como fixeron ao longo desta tarde", sinalou o rexedor.